Producir leite de vaca ecolóxico
A produción e o consumo de alimentos ecolóxicos están a medrar a un ritmo acelerado nos últimos tempos. O leite e os produtos lácteos ocupan un lugar cada vez máis importante nos andeis dos puntos de venda. Cada vez son máis as persoas que se preguntan: é posible? como? A produción ecolóxica de leite de vaca ecolóxico é algo innovador e moderno, polo tanto descoñecido. Aínda hai quen cre que producir ecoloxicamente é volver á cova, ter rendementos ridículos ou, simplemente, que é algo imposible. Neste contexto, a falta de coñecemento e formación constitúe un freo moi importante para o desenvolvemento dunha produción rendible de leite ecolóxico.
Este libro, o primeiro en castelán que aborda este tema, está dirixido a produtores, técnicos, directivos, provedores; finalmente, ao conxunto do sector lácteo. Ofrece unha visión global da realidade técnica do sistema de produción de leite ecolóxico, dende o aspecto lexislativo ata a comercialización, pasando pola xestión do pastoreo, a alimentación e a produción de forraxes.
Con numerosas ilustracións e unha preocupación constante por concretar técnicas e prácticas, este manual debería facilitar a posta en marcha e a mellora das explotacións ecolóxicas, a favor dunha produción láctea ecoloxicamente rendible e ambientalmente sostible.
195 páxinas
ISBN: 978-84-617-2080-8
Weight | 329 g |
---|
Reviews
There are no reviews yet.