Nuestra tienda

A horta sen químicos

2,00 

Share:

A horta sen químicos

Este é un libro de consulta, desde un enfoque adaptado ás características do clima e do solo galegos, para todas aquelas persoas que desexen cultiva a súa horta sen utilizar ningún tipo de produto químico, nin “minelral”, nin “sulfatos”, nada. Para eses que acaban de entrar na súa nova casa e reservan no xardín un anaco para horta; para aquelas que queren comer tomates sen teren que sulfatalos; para estes que acaban de conseguir unha parcela no horto comunitario do consello.

Tamén os que se dedican a isto da horta ecolóxica para venderen o froito do seu traballo atoparán aquí información útil, pero deben saber, con todo, que moitas ideas e  prácticas descritas non son aplicábeis á produción comercial.

A horta é para pasalo ben, facer exercicio e compartir cos veciños, as netas ou a parella. Este libro é pequeno, non pretendemos facer aquí unha enciclopedia. Por iso, a idea foi procurar dar información práctica e directamente aplicábel, cunha redación apropiada para un público maiś ben novato.

229 páxinas

ISBN:978-84-9995-163-8

Weight 376 g

Reviews

There are no reviews yet.

Be the first to review “A horta sen químicos”

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *